ESCAPE ROOM ONLINE

OPERACIÓN OCEANOGRÁFICO:
INCIDENTE NA RÍA

Estamos a piques de comezar o verán de 2022. Os xogadores sodes investigadores do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC). Acabades de recibir un aviso da presenza dunha mancha cunha extraña cor parda cerca xa da Ría de Vigo, pero aínda fóras das Illas Cíes. Varios barcos de pesca que estaban faenando na zona e algún veleiro viron a mancha e deron aviso ó Centro Oceanográfico de Vigo, xa que están acostumados a colaborar con este centro de investigación mariña. A vosa misión será, como persoal científico deste Centro, descubrir cal é a natureza desta mancha.
VERSIÓN EN CASTELLANO

ÁREA DE ACCESO

Soporte técnico durante todo o 24 de setembro
WhatsApp +34 603 041 396

Fai click aquí para ver os requisitos para xogar.

¿Como podo xogar?

Ten en conta esto para desfrutar ó máximo do Escapeweb

Axusta a resolución

Utiliza o botón de "Configura a túa pantalla" para poder aliñar ben a resolución do teu navegador e ver as escenas do xogo correctamente.

Actualiza o teu navegador

Para unha mellor experiencia, ten actualizado o teu navegador á última versión. Recomendamos Google Chrome, aínda que pode servir un calquera.

Colabora co teu equipo

Utiliza algún tipo de aplicación de videoconferencia como Zoom ou Teams para poder vervos e cooperar mellor na partida co teu equipo.

Preguntas frecuentes

Xogar é moi sinxelo e práctico, pero se aínda así tes algún problema, aquí respondemos moitas das dúbidas que poidas ter ó longo da túa partida.
¿Que necesito para xogar a un Escapeweb?

Tan so 4 cousas: un dispositivo e navegador de internet (como o que estás usando agora), unha conexión á rede (tamén a estás usando neste momento), imaxinación e un pouco de tempo para pasalo ben.

¿Podo xogar desde o meu móbil, tablet, portátil...?

Si, podes xogar desde calquera dispositivo no que poida executarse un navegador, ten en conta que optimizamos o desenvolvemento para ordenadores e tabletas, polo que terás unha mellor experiencia.

¿Podemos xogar todos xuntos sen videochamada?

Claro! Podedes xogar cada un nun lugar distinto e comunicarvos por videochamada (Teams, Zoom, Skype, WhatsApp, etc) e tamén todos nun mesmo lugar cada un co seu dispositivo ou todos dende o mesmo dispositivo. Esto xa queda á vosa elección ou posibilidades.

¿Que ocorre se perdo a conexión a internet?

Non pasa nada, para iniciar o xogo necesitas un URL de acceso único (o código de xogo) que che facilitamos ó empezar. En canto o introduzas nun navegador (no mesmo dispositivo ou noutro calquera) poderás continuar xusto onde o deixaches.

¿Como funciona o tema das pistas?

É moi sinxelo, xunto ó botón de resolver o puzzle que aparece ó lado de cada puzzle (combinacións de candados, teclados numéricos, patróns de desbloqueo táctil, Cryptex, etc.) aparece un botón cunha campá. Se o pulsas e o sistema de Intelixencia Artificial considera que a necesitas, poderá darche ata catro pistas (por puzzle) par axudarche a resolvelo.

¿Que ocorre se non consigo finalizar o xogo a tempo?

Tranquilo, non llo diremos a ninguén. Recorda que poderás seguir tentándoo ata que finalizara a data do evento sinalado. Ningún xogo é imposible de resolver.